Esteban Castro, volve subir ao podio nunha Supercopa de España, nesta ocasión disputouse en Vigo e participaron un total de 400 deportistas de España, Portugal e Italia. Esteban logrou a terceira posición despois de competir 5 veces e perder só nunha contra a Campión, a judoka portuguesa Nicola, con este resultado reforza un pouco máis a súa primeira posición no ranking nacional. Os outros deportistas do club Desiree Plou, Jacobo Souto, Matrias Loauro, Aroa Blanco, Ethan García e Nicolás Suárez non lograron pasar da primeira volta. A próxima cita será a finais de mes na Supercopa de Avilés